Plan Director 2006-2009
I Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2006-2009
Aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o 24 de abril de 2006, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
O Parlamento de Galicia vén de aprobar por unanimidade
o primeiro Plan Director da Cooperación Galega que regulará e
ordenará as actuacións nesta materia entre 2006 e 2009. Elaborado
pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior, inclúe
a práctica totalidade das propostas feitas polos actores neste sector
e recolle as emendas introducidas polos grupos parlamentarios da Cámara
autonómica galega.
O Goberno galego fixouse o propósito de incrementar de xeito sostible
os recursos públicos dedicados á axuda ao desenvolvemento.
Con esta finalidade, comprometeu un incremento dos fondos dedicados á cooperación
ata acadar o 0,4% dos orzamentos da Xunta no horizonte desta Lexislatura.
Para dar cumprimento a esta vontade, estableceu no texto do Plan Director
que se respectará un incremento anual mínimo do 50% con respecto
ao exercicio anterior.
O Plan Director para a Cooperación Galega marca as estratexias da cooperación galega seguindo as prioridades xeográficas e sectoriais marcadas pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior co respaldo unánime dos tres órganos asesores establecidos pola Lei galega de Cooperación -a Comisión Interdepartamental de Cooperación ao Desenvolvemento (CINCODE), a Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento (CINTERCODE) e o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE)-. Estas comisións, nas que están representadas os organismos da sociedade civil e as administracións local e autonómica, aprobaron o texto por unanimidade en febreiro de 2006.
Plan
Director 2006-2009 castelán
Plan
Director 2006-2009 galego






