Galegos no Sur
Angola
Cooperantes
Noelia
Núñez Ríos. A Coruña.
Cooperante das Nacións Unidas.
Tarefas: Coordinadora das voluntarias e voluntarios das Nacións Unidas en Angola.
Bolivia
Bolseiras
Lucía
López Salorio.A Coruña. Diplomada en Educación
Social e Licenciada en Pedagoxía (especialidade en Pedagoxía
Social) pola Universidade de Santiago de Compostela. Tarefas en Bolivia: Traballa
na Oficina Técnica de Cooperación da AECI en La Paz, apoiando
o traballo que se está a desenvolver na área de educación,
concretamente no proxecto de apoio ao Ministerio de Educación
e Culturas de Novas Tecnoloxías de Información e Comunicación
(NTICS). Por outra banda está a facer seguemento dos proxectos
que desde a Dirección Xeral de Cooperación se están
a financiar en Bolivia a través das diferentes ONGDs e do Plan
Operativo AECI-Xunta, o apoio á elaboración do Plan Actuación
por País (PAP) e á deteccion de novas propostas de financiación
para este país.
Cooperante
Cesáreo García Rodicio. Cooperante da Fundación Promoción Social da Cultura
Tarefas. Responsable do proxecto da Fundación Promoción Social da Cultura (servizos de educación a mulleres de escasos recursos)
En prácticas
Paula Tamara Paz González. Paz e Desarrollo.
Tarefas. Prácticas de traballadora social no Centro de Educación Integral de Potosí, intervindo coas familias das nenas e nenos que estudan neste centro. Colaboración na formulación e seguimento de proxectos.
Cabo Verde
Cooperante
Luzia Oca González. Cooperante da Asociación para a Cooperación con Cabo Verde (ACCVE)
Tarefas. Desenvolver proxectos de cooperación ao desenvolvemento con fondos da AECI e propios da asociación (ACCVE). Coordinadora do proxecto de intervención con mulleres da zona costeira de Ribeira Grande de Santiago, nas áreas de igualdade e xénero, asociativismo e participación social, actividades produtivas e apoio institucional.
Ecuador
Bolseira (DXCE)
Esther Lorenzo Outón. Agencia de Desarrollo Provincial de Manabí
Tarefas. Apoio na área de xénero e comunicación. Creación e implementación da estratexia de xénero na ADPM
Cooperante (AECI)

Carolina Lodeiro Malde. Cooperante da AECI
Tarefas. A misión principal é introducir un enfoque transversal de xénero nas actividades do proxecto de apoio á elaboración e implementación de Estratexias Provinciais de redución da Pobreza e Desenvolvemento no Marco dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, PRO-ODM. Entre as tarefas específicas atópase a revisión da formulación do proxecto para incorporar unha visión de igualdade de xénero no seu deseño, identificar indicadores apropiados, establecer contactos con institucións nacionais e internacionais que estén a traballar temas de xénero no Ecuador, realizar unha proposta de transversalización de xénero para os ODM en conxunto con outros actores (como, por exemplo, UNIFEM) e establecer unha estratexia de vinculación do enfoque de xénero co colectivo prioritario de mozas e mozos.
Guatemala
Cooperantes
María
Sande Landeira. Santiago
de Compostela. Cooperante de Solidariedade Internacional.
Tarefas. Responsable de comunicación en Madrid. Durante tres meses presta apoio no terreo en terefas relacionadas co proxecto de incidencia nas mortes violentas de mulleres.
María Paz Gutiérrez. Pontevedra.
Cooperante de Solidariedade Internacional
Tarefas. Seguimento de proxectos de Solidariedade Internacional en Guatemala
Bolseiras

Ana
Amaro Alonso. Vigo. Licenciada en Psicoloxía, Bolsa Erasmus,
Diplomada en Criminoloxía.
Tarefas en Guatemala. Seguimento dun proxecto de apoio á pesca
artesanal en Guatemala con varias liñas de acción: fortalecemento
institucional e organizacional, investigación sobre os recursos
e protección do medio ambiente, ordenamento pesqueiro, capacitación,
asistencia técnica e mellora da infraestrutura, impulso á comercialización
e o consumo de peixe. Seguimento dos proxectos cofinanciados pola Xunta
de Galicia e executados por distintas organizacións.
Guinea Bissau
Expatriados
Javier
Sánchez Lombardero. A Coruña. Persoal
expatriado de Asamblea de Cooperación pola Paz
Tarefas. Delegado da Asamblea de Cooperación pola Paz en Guinea Bissau. Loxista responsable de proxectos no terreo.
Voluntariado
Iria
Touzón Calle. Pontevedra. Voluntaria da Asociación
francesa de voluntariado do progreso (AFVP)
Tarefas. Coordinadora da célula de apoio e seguimento das ONGs. Apoio ás ONGs locais para a identificación e formulación de proxectos. Reforzo das capacidades e promoción da formación nas novas tecnoloxías. Comunicación entre actores non gobernamentais, nacionais e internacionais, e actores gobernamentais.
Honduras
Bolseira
Lucía Mendoza Fernández. DXCE. Lic. en Administración e Dirección de Empresas. Técnica en Responsabilidade Social Corporativa e Xestión de Proxectos de Medio Ambiente.
Tarefas. Modelo de xestión da lonxa de Coyolito, colaboración na elaboración do PAP, seguimento de proxectos financiados pola Xunta.
Lugar: San Lorenzo, Golfo de Fonseca
Nicaragua
Bolseiro

Yago
Muñiz Alonso . Santiago de Compostela. Licenciado en
Ciencias Económicas pola USC. Master en Cooperación Internacional
na Universidade Complutense de Madrid.
Tarefas en Managua: Implicación na Oficina Técnica
de Cooperación da AECI como técnico do proxecto "Apoio á Actividade
Pesqueira Artesanal do Lago Nicaragua". Como tarefas adicionais
atópanse o seguimento e avaliación dos proxectos financiados
pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior en Nicaragua.
Cooperantes
Guillermo Rodríguez Barreiro. Meaño-Pontevedra. Cooperante da ONG Amigos da Terra.
Tarefas. Representante do país e coordinador xeral da organización en Nicaragua.
O Salvador
Cooperante
Iria Gippini Estévez. Santiago de Compostela. Cooperante da AECI
Tarefas . Responsable programa Pesca Centroamérica, Xunta, AECI e Ospesca.
Perú
Bolseiras

Lorena
Peillet Remuñán. Licenciada en Ciencias Políticas
e da Administración, Técnica en Cooperación Internacional,
Integración de Xénero en Cooperación Internacional.
Tarefas en Perú: Traballo compartido entre a OTC Perú e
a Oficina de Cooperación Técnica Internacional e Asuntos
Internacionais do Ministerio de Producción de Perú. O traballo
na OTC consiste no seguimento e avaliación dos proxectos de cooperación
financiados pola Xunta de Galicia en Perú, a traverso dos distintos
axentes da cooperación implicados, na axuda na elaboración
do Plan de Actuación por País (PAP) para Perú, na
análise das ONGDs galegas en Perú e na identificación
de novas propostas de actuación para Perú. E no Ministerio
a labor que está a desenvolver céntrase fundamentalmente
no seguimento e monitoreo dos proxectos españois de cooperación
pesqueira que executa o Viceministerio de Pesquería de Perú,
e con especial énfase no proxecto PADESPA-Perú, proxecto
de apoio ao desenvolvemento da pesca artesanal e a acuicultura no Perú,
que está realizando a OTC de Perú, co apoio técnico
e económico da Xunta de Galicia.
www.produce.gob.pe/produce/octai
Cooperante
Elena
Rodríguez Álvarez. Vigo. Cooperante
do Banco Mundial e Ministerio de Educación do Perú.
Tarefas: Programa de educación do Ministerio de Educación do Perú.
República Dominicana
Cooperante
Javier Cortegoso Lobato. Cooperante da Federación Internacional de Fe e Alegria.
Tarefas. Coordinador de proxectos da Federación Internacional de Fe e Alegria. Todos eles son proxectos de innovación na calidade educativa dende distintas liñas (educacion formal e informal, a distancia, promoción social, informática educativa, etc) e de carácter internacional, xa que se implementan sempre en diversos países simultaneamente.
Irene Torrado Pérez. Cooperante da Agencia Española de Cooperación Internacional (AECI)
Tarefas. Araucaria XXI: Apoio na instalación de un six para a xestión da reserva da biosfera Enriquillo Jaragua Bahoruco. Dende a Subsecretaría de Áreas Protexidas, Departamento de Cartografía. Capacitación de persoal local no uso da ferramenta six, medio ambiente e ordenación de espazos naturais protexidos.
Sao Tome e Príncipe
Cooperante
Isolina Sánchez Andrade. PNUD (Programas das Nacións Unidas para o Desenvolvemento.
Tarefas:Responsable da área de medio ambiente e enerxía. Identificación, formulación e seguimento de intervencións desenvolvidas. Xestión de fondos GEF e implementación de proxectos relacionados co cumprimento de compromisos das convencións de Río 92. Áreas específicas de cambio climátaico, degradación de solos, polución ambiental e conservación da biodiversidade.
Senegal
Cooperante
Laura María Baña Dans. Ecodesarrollo Gaia
Tarefas: Identificación de necesidades e capacidades en Yoff-Thongor
Manuel María Calleja de Calvo. Ecodesarrollo Gaia
Tarefas: Talleres de español para a poboación senegalesa
Timor Leste
Observadora
Cristina
Caamaño Vilar. Berna-Suiza. Observadora
da ONU.
Tarefas: Observadora da ONU durante o período
de eleccións. Asesora electoral. Presta asesoramento e axuda ás
persoas responsables locais no proceso de eleccións






